Friday 03 de May de 2024

Novas canastras no pavillón do CEIP Xesús San Luís Romero


Cando volva mañá das vacacións, o alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero xa poderá xogar ao baloncesto no pavillón do cole. A Concellaría de Deportes vén de investir 16.000 euros nunhas novas canastras que tamén permitirá aos clubs de baloncesto locais aproveitar a instalación fóra do horario lectivo. O concelleiro Daniel Pérez e o coordinador das instalacións deportivas municipais, Fran del Valle, achegáronse ao centro coincidindo co remate dos traballos.